martes, 8 de febrero de 2011


Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O atacante austríaco Rubin Okotie tenta marcar un gol contra o equipo do Congo, no Campionato Mundial de Fútbol Sub-20 2007. Foto obtida no Commonwealth Stadium, en EdmontonAlberta, no Canadá.
fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ao número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de EuropaÁfrica e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.
FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, a CONCACAF; en Sudamérica á CONMEBOL; en Asia á AFC; e en Oceanía á OFC.
Verbo das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire, que se disputa cada catro anos. En canto a clubs, o torneo máis importante e a Copa Mundial de Clubs da FIFA, que disputan os campións de tódalas confederacións. Este torneo substitúe á antigaCopa Intercontinental.

Nome

O nome fútbol asociado empregouse por vez primeira cando a Asociación de Fútbol estableceu as regras do xogo, para distinguilo das moitas versións de fútbol que existían entón. A palabra soccer (denominación que recibe o fútbol eninglés) é unha abreviación coloquial do termo Association e apareceu nos anos 1880. A súa orixe débese a un estudante de Oxford chamado Charles Wreford Brown, quen xogou para a selección inglesa e chegou ó posto de vicepresidente da Asociación de Fútbol. O termo fútbol asociado case non se usa na actualidade, mais algúns equipos e institucións aínda o empregan nos seus nomes oficiais.
A finais do século XIXsoccer era a palabra coas que as clases altas se referían ao xogo, practicado nas escolas privadas, namentres que a clase traballadora empregaba o termo fútbol. O deporte chegou ó resto do mundo grazas ós inmigrantes británicos e os países que recibiron o deporte adoptaron o termo inglés. Así, pasou a ser fußball en alemán,voetbal en holandésfotbal nas linguas escandinavas, futebol en portugués e fútbol en castelán. En francés, a palabra non se modificou e a actividade coñécese como le football (con frecuencia abreviado a le foot), aínda que en Quebec coñécese como le soccer. En Italia, un ritual da corte florentina coñecido como il calcio storico era semellante abondo ó deporte, e decidiron emprega-la palabra calcio para nomear a actividade.
En Gran Bretaña, ó fútbol chámaselle coloquialmente footie.
Hoxe en día, a palabra soccer é empregada polos países anglofalantes que desenvolveron as súas propias regras para o fútbol. Estas non gardan relación coas regras do fútbol asociado, senón coas do seu antepasado común. Os seguintes países son os que teñen as súas propias regras para o fútbol:

[editar]Historia do fútbol


Artigo principal: Historia do fútbol.
Aínda que se coñecen indicios de deportes semellantes nas civilizacións prehispánicas de América, ou en China e Xapón, o fútbol moderno tivo a súa orixe en Inglaterra noséculo XIX, e foise estendendo paulatinamente ó resto dos países europeos. A FIFA créase nos primeiros anos do século XX, e a partir de aí a súa popularidade medra imparablemente. En 1928, a FIFA decide crear unha competición mundial de seleccións nacionais e acorda que se celebre en Uruguai, que era a campiona olímpica, en1930.

[editar]As regras do xogo


Artigo principal: Regras do fútbol.
Partido Paris Saint Germain - Caen, no estadio do Parque dos Príncipes en París.
As regras oficiais do fútbol divídense en dezasete epígrafes:
  • 1. O terreo de xogo.
  • 2. O balón.
  • 3. O número de xogadores.
  • 4. A equipación dos xogadores.
  • 5. O árbitro.
  • 6. Os asistentes do árbitro.
  • 7. A duración do partido.
  • 8. O inicio e reanudación do xogo.
  • 9. O balón en xogo ou fora de xogo.
  • 10. O gol.
  • 11. O fóra de xogo.
  • 12. Faltas e sancións.
  • 13. Tiros libres.
  • 14. Penaltis.
  • 15. Fóra de banda.
  • 16. Saque de porta.
  • 17. Saque de esquina.
Coma resumo, pódese dicir:
Nun partido de fútbol enfróntanse dous equipos formados por 10 xogadores e un porteiro cada un. Dise que un equipo mete un gol cando o balón traspasa totalmente a liña de gol da portería contraria. O obxectivo do xogo é marcar máis goles có contrario.
O único xogador que pode toca-lo balón coas mans durante o xogo é o porteiro ou gardamallas, sempre e cando se manteña dentro da súa área (zona próxima á portería).
O tempo de xogo divídese en dous períodos de 45 minutos separados por un descanso de 15. Dependendo das interrupcións acontecidas ó longo do período de xogo o árbitro pode engadir uns minutos en cada un dos tempos.

[editar]Equipos

[editar]Competicións máis imporantes

Momento do lanzamento dunha pena máxima, acadando un gol.

[editar]Seleccións

A nivel de seleccións nacionais, o torneo máis importante é a Copa Mundial de Fútbol, que se disputa desde 1930. Previo á creación da Copa Mundial, en particular durante os anos 1920, a competición de fútbol dos Xogos Olímpicos era considerada a máxima competición do deporte, aínda que na actualidade mantense como un torneo secundario onde se permiten xogadores menores de 23 anos, con ata 3 xogadores que excedan ese límite de idade por equipo. A nivelfeminino, o equivalente da Copa Mundial é a Copa Mundial Feminina de Fútbol.
A nivel das confederacións da FIFA, os torneos máis importantes son a Copa América (América do Sur) e a Eurocopa(Europa); e, situándose a un nivel inferior, atópanse a Copa Africana de Nacións (África), a Copa de Ouro da Concacaf(América do Nortecentral e o Caribe), a Copa Asiática (Asia) e a Copa das Nacións da OFC (Oceanía).

[editar]Clubs

En cada país os clubs de fútbol adoitan federarse en asociacións ou ligas que organizan torneos oficiais entre eles, de onde xorden os campións de cada país e os equipos que participarán en torneos internacionais. Non existe un sistema único de torneos e cada liga nacional organízaos de acordo ás súas tradicións. En xeral, a maioría dos países teñen dous torneos principais ao ano: Arxentina (Clausura e Apertura), México (Apertura e Clausura), Colombia (Apertura, Finalización e Copa Colombia), España (A Liga e Copa do Rei), Italia (Serie A e Copa Italia), etc. Nalgúns casos os campións de ambos os torneos disputan "supercopas" anuais e "recopas" entre si, como aSupercopa de EspañaInglaterra ten un sistema de campionato principal (a Premier League) e logo varias copas nas que participan equipos de distintas divisións. Brasil ten un sistema de campionatos por Estado (paulistacariocamineirogaúcho, etc.), ademais de ter un Campionato Nacional (Brasileirãou).
Internacionalmente a competición máis importante historicamente foi a Copa Intercontinental, que foi substituída en 2005 pola Copa Mundial de Clubs da FIFA. A nivel continental as competicións máis importantes son a Copa Libertadores de América (América do Sur) e a Liga de Campións da UEFA (Europa), torneos cuxos gañadores disputaban a Copa Intercontinental. A partir de 2005 a recentemente creada Copa Mundial de Clubs da FIFA tamén recibe aos gañadores da Liga de Campións da CAF(África), a Copa de Campións da Concacaf (América do Nortecentral e o Caribe), a Liga de Campións da AFC (Asia) e a Liga de Campións da OFC (Oceanía). Tamén a nivel continental destácanse as competicións secundarias de América do Sur e Europa: a Copa Suramericana e a UEFA Europa League (antiga Copa da UEFA), respectivamente.

[editar]Xogadores

[editar]Xogadores míticos

[editar]Xogadores galegos destacados

[editar]Variantes

Partido de fútbol sala en Alemaña.
Partido de bossaball en España.
Existen moitas variantes do fútbol, entre as que destacan as seguintes:
  • Fútbol sala: xógase entre dous equipos de 5 xogadores cada un, sendo un deles o gardamallas. Xóganse dous tempos de 20 minutos cada un. Cada encontro xógase sobre unha superficie de material sólido duns 40 por 20 metros. O resto das regras son practicamente iguais ás do fútbol tradicional, con algunhas diferenzas, como a falta do fóra de xogo e o uso dos pés para efectuar saques de banda.
  • Fútbol praia: participan dous equipos de cinco xogadores cada un, sendo un deles o gardamallas. Xógase nun campo duns 35 por 25 metros, o cal está cuberto integramente por area. Cada partido consta de tres tempos de 12 minutos cada un e a diferenza doutras variantes do fútbol (fútbol sala por exemplo), o tempo detense cando o árbitro marca un tiro libre, un penalti, ou consta que un xogador está facendo pasar o tempo de forma inapropiada.
  • Showbol: xógase nun campo de 42 por 22 metros. Pode xogarse en dous tempos de 30 minutos e un entretempo de 15 minutos; ou tamén en catro tempos de 15 minutos cada cuarto. Entre as súas características destacan que durante o xogo os cambios de xogadores son ilimitados, e que a pelota mantense en xogo en forma permanente, debido a que rebota nunha parede que rodea o perímetro da cancha feita de acrílico transparente incluíndo a zona detrás dos arcos.
  • Fútbol indoor: xógase nun terreo de menores dimensións e con paredes como un elemento máis do xogo. Participan dous equipos de cinco xogadores cada un, sendo un deles o gardamallas.
  • Bossaball: combina regras do fútbol tradicional e do voleibol. Baseado nas regras do voleibol, xógase sobre unha superficie de colchóns inchables e camas elásticas, e permite maior número de toques e moita maior espectacularidade nos saltos.
  • Fútbol tenis: combina aspectos e regras do fútbol e do tenis. Xógase cunha pelota de fútbol, utilizando calquera parte do corpo fóra das mans e brazos, do mesmo xeito que no fútbol. O xogo practícase nunha cancha de dimensións reducidas, cunha rede que divide en dúas o campo de xogo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario